sábado, 14 de marzo de 2015

El orden de las cosas


O pasado luns 23 de febreiro, no Instituto IES Ollos Grandes, tivemos o pracer de coñecer a Amanda Díaz Pena, unha psicóloga pertencente á asociación lucense contra a violencia de xénero e sin ánimo de lucro: Enriqueta Otero. Ela amosounos El orden de las cosas, unha curta que visualizamos para comprender máis profundamente a gravidade e situación da violencia de xénero. Cando acabamos de ver o vídeo, falamos acerca del, de que nos parecera, do significado que tiña e do que quería transmitir.  


Na curtametraxe pódese ver unha muller, Xulia, espida dentro dunha bañeira, a cal representa o maltrato, a incomunicación que a protagonista vive nesa situación e a falta de intimidade e liberdade. Ese será o seu escenario ao longo de toda a curta. Esta obra presenta unha gran carga simbólica e polo tanto agora imos proceder a analizala.

O vídeo comeza coa nosa protagonista dentro dunha bañeira e o seu marido buscando nerviosamente unha peza clave: o cinto. Pero este cinto non é un calquera, é un obxecto que se transmite xeracionalmente. Poderíase dicir que o cinto é tanto o elemento coma o símbolo nuclear nesta, tristemente, interminable historia. A terceira personaxe importante é, sen dúbida alguna, o fillo. Como podemos observar o fillo crece e o pai envellece. Xulia non.

Pasados uns cantos anos, o cativo xa é un pouco máis grande, ten sobre sete ou oito anos. O pai continúa buscando o cinto, pero esta vez coa axuda do seu fillo. Pensando en que está a axudar na busca dun obxecto moi importante para o seu proxenitor, Marcos entra no cuarto de baño. Alí atopa a súa nai espida dentro da bañeira e xunto con ela, mergullado o cinto. El quere avisar ao seu pai, pero mira para a súa nai, e rapidamente decátase do que está a pasar. É entón cando o xoguete que leva na man cae e rompe, o que representa a infancia e a inocencia do neno, que se rompe cando descobre que o seu propio pai a está a maltratar. Esta escea marca un antes e un despois: a perda da inocencia e a consciencia da verdade. O seu proxenitor promételle que o vai arranxar pero non é máis que unha promesa rota, xa que o xoguete non se move do sitio nin cambia o seu estado en toda a curtametraxe.

Pasa o tempo, o fillo trata de axudar a súa nai a escapar, pero o pai impídello e él, frustrado e impotente, vaise da casa, deixando a súa nai co seu maltratador. Marcos chama constantemente por teléfono e segue insistíndolle á súa nai, pero ela non ten forzas para escapar.

Xa no final do vídeo, o cuarto de baño comeza a inundarse con Xulia e o seu xa avellado marido dentro. Nesa precisa escea, repítese a famosa frase: "El orden de las cosas" posta en boca do maltratador. Unha vez chea de agua a habitación , Xulia deixa atrás o seu anel (outra atadura) e comeza a nadar hacia unha praia, que presenta liberdade. O plano final é sublime, fortemente cargado de simboloxía; mostra dita praia e unha cadea de bañeiras amarradas na orilla cos seus respectivos cintos no interior. Estas representan, na nosa opinión, a liberdade a que puideron acceder moitas mulleres, mentras que o mar e a auga, esa situación de maltrato na que están afogadas.
Na nosa opinión, esta curtametraxe representa á perfección a situación das mulleres na violencia de xénero.
Esperamos que vos gustase. Agardamos os vosos comentarios e invitámosvos a reflexionar sobre a protagonista: é Xulia, é tantas mulleres, é un concepto, unha personaxe...pero poderías ser ti.
Por último, quereriamos agradecer a Amanda a súa visita, a Alberto López pola súa fotografía , ao canal de ersezar10 polo link do video, pero tamén a todos vós por lernos.


Un saúdo: Sheila, Víctor e María.